Saturday 27 de April de 2024

Corte de tráfico a noite do xoves ao venres na rotonda de Che Guevara


Para a realización das obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga do municipio, será preciso efectuar un corte nun dos carrís de circulación da avenida Ernesto Che Guevara, á altura da rotonda do mesmo nome. Será a noite do xoves ao venres, de 23:00 a 7:00 horas. O tráfico será desviado polo carril contrario da glorieta, que pasará a ser de dobre sentido alternativo de circulación, quedando regulado mediante semáforos de obra co apoio de operarios sinalistas na confluencia coa rúa Miradoiro.